Saltar ao contido

Aves de rapina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A aguia de cabeza branca é un exemplo de ave de rapina.

As aves de rapina ou aves de presa son aves que cazan presas para alimentarse, utilizando o seu bico e as súas garras afiadas. As súas garras e picos tenden a ser relativamente grandes, potentes e adaptados para desgarrar e/ou perforar carne.

O termo "rapaz" deriva da palabra latina rapere, é dicir, "apoderarse" ou "tomar pola forza".[1]

Definición

[editar | editar a fonte]

Tomado literalmente, o termo "ave de presa" ten un significado amplo que inclúe moitas aves que cazan e se alimentan de animais e incluso aves que se alimentan de insectos moi pequenos.[2] Na ornitoloxía, e na definición utilizada aquí, o termo ten un significado máis estreito e refírese ás aves que contan cunha moi boa vista que serve para encontrar alimentos, garras fortes para agarrar presas, e un forte pico curvado para desgarrar a carne.[3] A maioría das aves de presa tamén teñen fortes garras curvas para coller e matar á presa.[3] En xeral, as aves de presa aliméntanse de vertebrados que acostuman ser bastante grandes en relación ao tamaño da ave.[2] A maioría tamén se alimenta de prea, ao menos ocasionalmente, e no caso dos voitres e cóndores comen prea como seu principal fonte de alimento.[3] A modo de exemplos, a definición máis estreita exclúe as cegoñas e as gaivotas, que chegan a comer peixes bastante grandes, en parte porque estas aves capturan e matan as súas presas por completo cos seus picos.[2]

Con este conxunto de características anatómicas e de comportamento, as especies que figuran a continuación son polo xeral consideradas aves de presa na ornitoloxía. As aves de presa poden dividirse en especies que cazan durante o día, as rapaces diúrnas (Falconiformes), e as especies que cazan durante a noite, as rapaces nocturnas (Estrixiformes). As aves rapaces diúrnas e nocturnas están afastadas e clasificanse en distintas ordes. Porén, a súa evolución foi converxente, e ambos grupos de aves desenvolveron a súa propia adaptación ao estilo de vida depredador.[2]

  1. Brown, Leslie (1997). Birds of Prey. Chancellor Press. ISBN 185152732X. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Burton, Philip (1989). Birds of Prey. illustrado por Boyer, Trevor; Ellis, Malcolm; Thelwell, David. Gallery Books. p. 8. ISBN 0831763817. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Perrins, Christopher, M; Middleton, Alex, L. A., eds. (1984). The Encyclopaedia of Birds. Guild Publishing. p. 102.